ATOPO
Registros actuales: 1.626.370
Objetos digitales disponibles: 504.804

VIGO. NÚMERO 3

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.3.2.8

  • Título VIGO. NÚMERO 3

  • Data(s) 1966-1985 (Creación)

  • Volume e soporte 80 metros lineais. 94 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vigo. Número 3(1965-) O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 de Vigo créase polo Decreto 3388/1965, do 11 de novembro, aínda que a Orde do 22 de xaneiro de 1966 estableceu o inicio da súa actividade para o 1 de abril do mesmo ano.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o año 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos Xuízos civís en primeira instancia, e os Sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.

  • Organizació

    Este fondo organízase en dúas grandes seccións:
    
    MATERIA CIVIL
    
    - Expedientes de xuízos civís
    - Apelacións de xuízos de xulgados municipais
    
    MATERIA PENAL
    
    - Sumarios sobresidos
    - Dilixencias previas
    - Dilixencias preparatorias
    - Dilixencias indeterminadas
    - Apelacións de xuízos verbais de faltas

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Conservación regular Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)

  • Instrumentos de descrición Inventario Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados Municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 1 e 2, así como no fondo da Audiencia Provincial.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición