Fondos
3. DELEGACIÓN PROVINCIAL DO MINISTERIO DE INFORMACIÓN E TURISMO DE PONTEVEDRA
DELEGACIÓN PROVINCIAL DO MINISTERIO DE INFORMACIÓN E TURISMO DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.3.3
Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DO MINISTERIO DE INFORMACIÓN E TURISMO DE PONTEVEDRA
Data(s) 1939-1978 (Creación)
Volume e soporte 165 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Ministerio de Información e Turismo(1951-1977) De acordo co art. 1º do Decreto-Lei do 19 de xullo de 1951, polo que se reorganiza a Administración Central do Estado, o Ministerio de Información e Turismo creouse, cunha única subsecretaría, asumindo os servizos dependentes da Subsecretaría de Educación Popular e os comprendidos na Dirección Xeral de Turismo que se segregou do Ministerio da Gobernación.Ata o momento todos os servizos e organismos que, en materia de prensa e propaganda, se transferiran á Vicesecretaría de Educación Popular da FET y de las JONS pola Lei do 20 de maio de 1941, que a creou, pasarán a depender, polo Decreto-lei do 27 de xullo de 1945, do Ministerio de Educación Nacional constituíndo a Subsecretaría de Educación Popular. As súas delegacións, despois da creación do novo ministerio, pasaron a denominarse, pola Orde do 29 de agosto de 1951, delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo, regulamentándose en 1952 mediante o Decreto do 15 de febreiro, no que se establece que o xefe ou delegado asumirá o mando de todos os servizos existentes no seu territorio en relación coas actividades de prensa, propaganda, radiodifusión, cinematografía, teatro e turismo que, como órgano da Administración, lle competen ó Ministerio. Anos máis tarde, o Decreto 64/1968, do 18 de xaneiro, organízaas en seccións e negociados de acordo co volume das súas tarefas e o 836/1970, do 21 de marzo, que modifica o anterior, crea a figura do secretario provincial. Pola súa banda o Decreto 3319/1974, do 28 de novembro, orgánico das delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo e das súas oficinas de Turismo, establece no seu art. 8.2 que a Delegación Local de Vigo depende da Provincial de Pontevedra. Esta, posteriormente, mediante a Orde do 27 de febreiro de 1975, é clasificada de segunda categoría tendo o carácter de sección da mesma, a Local de Vigo. O Ministerio de Información e Turismo desapareceu como tal polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, polo que se reestruturan determinados órganos da Administración Central do Estado, xa que todas as súas unidades pasaron a integrarse no novo Ministerio de Cultura e Benestar agás as dependentes da Subsecretaría de Turismo que se integraron nel, así mesmo, novo Mini
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O fondo documental foi incorporado ó Arquivo Histórico durante o primeiro trimestre de 1979.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Destacan, entre outras, as series de rexistros de entrada e saída de correspondencia, correspondencia de entrada e saída, nóminas, actas de inspección, expedientes de sanción, expedientes de crédito hoteleiro e expedientes de apertura e peche de establecementos de hostalaría.
Organizació
Este fondo está dividido temáticamente (educación e turismo) coas súas correspondentes subdivisións territoriais: VICESECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR/SUBSECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR Delegación Provincial de Pontevedra (1939-1951): 16 unidades de instalación. Delegación Local de Vigo (1940-1951): 1 unidade de instalación. INFORMACIÓN E TURISMO Delegación Provincial de Pontevedra (1951-1978): 149 unidades de instalación. Delegación Local de Vigo (1951-1979): 123 unidades de instalación.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación regular
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Ãrea de notas
Nota 2.1. Delegación Provincial da Vicesecretaría de Educación Popular de Pontevedra, Delegación Provincial da Subsecretaría de Educación Popular de Pontevedra, Delegación Provincial de Información e Turismo de Pontevedra. 4.1. Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. 4.4 Tamén manuscrito
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración central Información Turismo España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Ministerio de Información e Turismo (Tema) (Creador)