ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

PATRIMONIO AUDIOVISUAL

A salvagarda das gravacións audiovisuais, rexistradas en soportes que nalgúns casos están en grave risco de desaparición, debe ser un dos obxectivos principais de calquera institución da memoria como a nosa.

Entre os nosos fondos contamos cun bo número de exemplos de traballos que foron ingresando no noso Servizo por medio de doazón ou compra e que constitúen un fondo dotado de singularidade e valor patrimonial como testemuño do paso do tempo e dos cambios sociais e culturais.

Resultado das tarefas de dixitalización realizadas nos últimos anos no noso Servizo, son algúns dos extractos que se presentan a continuación e que forman parte dun fondo no que se segue a traballar para mellorar a súa calidade, contribuír á súa conservación e facilitar a súa difusión.

  • Baleas en Cangas: gravación de Gonzalo Soto (1958)

  • Actuación dos Gatiños de Portonovo (1971)

  • Recital de Rafael Alberti en Vigo (1982)

  • Castelo de Soutomaior (1982)

  • Viejos molinos / Fondo Vidal Novás (1982-1983)

  • Imaxes da ría de Pontevedra / Fondo Vidal Novás (1982)