ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Gala da Memoria

05 de novembro de 2021

Venres, 5 de novembro de 2021, ás 20:30 h

Pazo da Cultura - Pontevedra

Formulario de inscrición deshabilitado

Galería de fotos

A Deputación de Pontevedra, a través do Departamento de Memoria Histórica, festexa o 5 de novembro a Gala da Memoria en homenaxe a todas as persoas asasinadas e represaliadas durante a ditadura e a represión franquista.

Será un espectáculo musical e audiovisual no que se producirán de maneira única colaboracións entre artistas como Uxía, Sheila Patricia, Su Garrido Pombo, Eladio Santos, Pedro Pastor, Woyza, Lois Pérez e García MC, presentarao Aldaolado e contará cun traballo de videocreación de Juanma Lodo.

O evento desenvolverase no mes de novembro por ser un mes de gran simboloxía en Pontevedra, e no que este ano se conmemora o 85 aniversario do 1936, data na que asasinaron na Caeira as e os mártires defensores da República e da liberdade, entre eles dúas persoas que presidiron a Deputación provincial: Amancio Caamaño Cimadevila e José Adrio Barreiro.

 

A asistencia á gala é totalmente de balde