ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Custodia cerca de 11 km de documentos. O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación da mesma.

Ten a súa sede na chamada Casa dos Fonseca, no Paseo de Colón.

VÍDEO DE PRESENTACIÓN

Horario

Inverno

Luns a venres: 8:30 h a 20:30 h.

Verán (16 de xuño a 15 de setembro)

Luns a venres: 8:30 h a 19:30 h

Pechado ao público:

  • Mércores de cinza (variable, festivo local)
  • 17 de maio (Día das Letras Galegas)
  • 11 de xullo (San Bieito, festivo local)
  • 25 de xullo (Día da Comunidade Autónoma)
  • 24 de decembro
  • 31 de decembro

Contacto

Teléfono: 886 151 536 / 886 151 537

Fax: 886 151 539

Correo electrónico: arq.historico.pontevedra@xunta.gal


Engádese o enlace específico, no acceso principal, a aqueles fondos depositados no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, nos que participou o Arquivo da Deputación na súa organización e descrición:

  • Cámara Agraria Provincial e Irmandades de Labregos e Gandeiros de Pontevedra, Ponte Sampaio e Vilanova de Arousa
  • Colexio de Arquitectos. Delegación de Pontevedra

Ademais daqueles fondos resultado da colaboración do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra:

  • Xefatura Provincial do Movemento de Pontevedra
  • Xunta de Protección da Muller de Pontevedra
  • Delegación Nacional da Sección Feminina. Delegación Provincial de Pontevedra
Mapa