ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

ARQUIVO DA IRMANDADE SINDICAL DE LABRADORES E GANDEIROS DE PONTE SAMPAIO

Identificación

Arquivo da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Ponte Sampaio.
Fondo documental depositado no arquivo municipal de Ponte Sampaio.
Recuperado na sede da Cámara Agraria Local.

Datos básicos

Organización documental: 2003
Nº unidades de instalación: 19
Datas extremas da documentación: 1952-1995

Actuacións Servicio Técnico Patrimonio Documental

Dirección técnica:
Miguel Pereira Figueroa
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Traballos de organización e descrición documental:
José Luis Castro Carpintero
José Ramón López Fernández
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

A Irmandade de labradores e gandeiros de Pontesampaio viña funcionando na planta superior dun edificio alugado que compartía co centro cultural ata que o seu lamentable estado de conservación e a xubilación de seu secretario modificou a dinámica de funcionamento, asumido desde o punto de vista administrativo, este organismo por persoal da propia Cámara Agraria de Pontevedra, que se desprazaba dous días por semana para xestionar basicamente os asuntos da Seguridade Social Agraria.

Polo tanto pódese considerar que a súa sede coincidía nos últimos anos coa da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra no praza do Teucro, xunto coa de Vilaboa e a propia institución local de Pontevedra, con funcionarios da propia institución provincial ó seu cargo.

A documentación almacenábase no local do arquivo da Cámara Agraria Provincial, no baixo cuberta, con certos problemas de filtración de augas e humidade que afectaron a esta documentación e á da propia Cámara Agraria Provincial.