ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

ARQUIVO DA IRMANDADE SINDICAL DE LABRADORES E GANDEIROS DE PONTEVEDRA

Identificación

Arquivo da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Pontevedra.
Fondo documental depositado no local da Cámara Agraria Provincial.
Recuperado na sede da Cámara Agraria Provincial.

Datos básicos

Organización documental: 2004
Nº unidades de instalación: 41
Datas extremas da documentación: 1944-1994

Actuaciones Servicio Técnico Patrimonio Documental

Dirección técnica:
Miguel Pereira Figueroa
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Trabajos de organización e descripción documental:
José Luis Castro Carpintero
Manuela González Rey
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Francisco Orge Ventín
Jacobo Domínguez Pedrera
Isabel Balchada Bermúdez
Iria Chaves Moledo
Montserrat Romero Alonso

A Irmandade de Labradores e Gandeiros de Pontevedra viña funcionando no edificio sindical, na rúa Pasantería, sendo trasladada nos últimos anos do seu funcionamento á sede da Cámara Agraria Provincial.

Polo tanto pódese considerar que a súa sede nos últimos anos coincidía coa da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra na praza do Teucro, xunto coa de Ponte Sampaio e a propia institución provincial de Pontevedra, con funcionarios propios, razón pola que se conserva parte dos seus fondos que non foron remitidos ó deposito de Ponte Caldelas, hoxe destruídos.

A documentación conservada atopábase almacenada no local do arquivo da Cámara Agraria Provincial, no baixo cuberta, con certos problemas de filtracións de augas e humidade.