ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO DA IRMANDADE SINDICAL DE LABRADORES E GANDEIROS DE TOMIÑO

Identificación

Arquivo da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Tomiño.
Fondo documental depositado no arquivo municipal de Tomiño.
Recuperado na sede da Cámara Agraria Local.

Datos básicos

Organización documental: 2003
Nº unidades de instalación: 33
Datas extremas da documentación: 1938-1988

Actuacións Servicio Técnico Patrimonio Documental

Dirección técnica:
Miguel Pereira Figueroa
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Traballos de organización e descrición documental:
José Luis Castro Carpintero
José Ramón López Fernández
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Mapa

Dispuña esta institución dun local propio, na saída do núcleo de Tomiño a carón da estrada que vai en dirección á Guarda. É unha edificación de planta baixa, en pedra, con planta rectangular e profusión de vans.

Nela funcionaban a Cámara Agraria e o Centro de Inseminación, contando ademais cun pequeno garaxe para gardar a maquinaria que usaban os agricultores da zona en réxime comunitario.

Na actualidade atópase nun lamentable estado de abandono, rodeado de maleza e cunha evidente falta de mantemento, a pesar de ser utilizado pola Comunidade de Montes.

No seu interior estaba depositada a documentación que aínda se conserva, espallada polo chan, en penosas condicións de limpeza e absolutamente descoidada.