ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO DO INSTITUTO DE PONTEVEDRA

Identificación

Arquivo do Instituto de Pontevedra
Instituto "Sánchez Cantón"
Avenida Reina Victoria Eugenia, s/n. 36002 Pontevedra
Responsable: Funcionarios do Instituto

Datos básicos

Datas extremas da documentación: 1816-2004
Nº unidades de instalación: 1.406
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 4.596
Nº rexistros inventario somero: 1.492
Nº rexistros cadro de clasificación: 98

Actuacións Servicio Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1995
Reincorporacións documentais: 1997, 1998, 2004
Informatización instrumentos descrición: 2004

O fondo documental do arquivo do "Instituto de Segunda Enseñanza" de Pontevedra consérvase, como xa dixemos, no edificio do Instituto "Sánchez Cantón", nunha dependencia específica para este fin, situada no semisoto con acceso directo dende as oficinas.

Conta o local con 67 m2 de superficie, nunha sala case rectangular, cunha media de 6 m de ancho, algo máis de 11 m de longo e cunha altura de 3 metros. Dispón de iluminación e ventilación con aberturas á fachada do edificio, sendo ademais adecuadas as súas condicións de habitabilidade.

Para depósito da documentación e da bibliografía conservada nesta local instaláronse un total de 157 m lineais de estantería metálica, disposta segundo se reflicte no plano adxunto, suficiente para o volume actual e o que xere nun futuro esta institución educativa. Deste total quedaron ocupados pola documentación 107 metros lineais e polos fondos bibliográficos en depósito preto de 50 metros lineais.

Hai neste local, ademais, catro armarios de madeira e tres arquivadores metálicos que conservan as fichas dos alumnos co seu expediente académico e as cualificacións das décadas dos anos sesenta e setenta.

Plano Arquivo do Instituto de Pontevedra