ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DA ESTRADA

Identificación

Arquivo municipal da Estrada
C/ Benito Vigo, 92. 1º 36680 A Estrada
986 573 212 - Fax: 986 573 212
Responsable: María Jesús Fernández Bascuas

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 10.584
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 58.490

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1985
Reincorporacións documentais: 1985,1986,1987,2002,2003,2005,2007,2009, 2010,2012
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002

Mapa

A casa do concello é unha destacada construción exenta, de pedra, construída nos primeiros anos do século XX e inaugurada en 1912.

Tras sucesivas reformas, o seu interior divídese en baixo, tres plantas e baixo cuberta, mentres que o exterior mantén a súa estrutura orixinal, na que destacan a profusión de vans e o corpo central con cinco arcos de medio punto, que serven de acceso, e a torre lateral rematada nunha cúpula.

O local destinado a arquivo ocupaba case todo o baixo cuberta, con dúas amplas salas de depósito e un despacho para o persoal, e unha pequena sala na terceira planta que servía de complemento.

Debido ao elevado volume documental, buscáronse novos espazos para custodiar o patrimonio documental, polo que o Concello decidiu construír unha edificación na que se lle dedicou unha planta completa ao arquivo (segundo o plano que se achega). Esta dispón dun despacho na parte central e dúas zonas de depósito con andeis compactados, aos que se trasladou a documentación en 2003.

Estas instalacións contan cunhas boas condicións de habitabilidade, luminosidade e ventilación, e co equipamento axeitado.

Plano Arquivo municipal da Estrada