ARQUIVO MUNICIPAL DA GUARDA
Arquivo municipal da Guarda
Praza de España, 1. 36780 A Guarda
986 610 000 - Fax: 986 610 283
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 5.826
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 32.629
Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1990,1992,1995,1999,2003,2007,2009, 2011, 2017, 2018, 2019
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra, remozada toda ela recentemente e distribuída en dúas plantas cun parcial aproveitamento do soto.
A súa distribución interior reserva dúas áreas e varios espacios para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada e suficiente. Na actualidade ocupa o arquivo dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común, cun total de vintecinco metros cadrados; foron no seu día dotadas de axeitadas condicións de habitabilidade e equipamentos suficientes que inclúen estantería metálica, mesa de consulta e aparato deshumidificador.
Ante a manifesta insuficiencia espacial procedeuse á habilitación , inicialmente con cara`cter provisional, dun novo local de arquivo, logo da supresión do que, provisionalmente, se viña utilizando na planta baixa. Elixiuse para esto un local fóra da casa do concello -unha ampla sala rectangular na primeira planta da casa de cultura- que inicialmente comparte co depósito de fondos e materiais do Museo do Mar. Este novo local foi dotado en diferentes fases de estantería metálica e ficheiro.