ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DA ILLA DE AROUSA

Identificación

Arquivo municipal da Illa de Arousa
Rúa Palmeira, 25 36626 Illa de Arousa
986 527 080 - Fax: 986 527 097
Responsable: Xoán Dopico Orjales

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.631
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 7.753

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 2004
Informatización instrumentos descrición: 2004, 2007, 2014
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

Debido á escaseza de espazo para as dependencias e os servizos municipais da antiga tenencia da Alcaldía, construíuse unha nova casa do concello para dispoñer dun espazo digno e suficiente.

Esta moderna e austera construción, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, inaugurouse en xaneiro de 2004. Concíbese como un gran bloque cadrado de pedra, con escasos vans, distribuído en baixo e dúas plantas.

O arquivo municipal disponse na segunda planta e é accesible desde unha sala multiusos e a carón dos despachos dos diferentes grupos políticos. Trátase dunha sala rectangular, que conta cunhas axeitadas condicións de habitabilidade, cun ficheiro, cunha mesa de consulta e co equipamento suficiente, entre os que se inclúen máis de 120 m de estantes compactados para albergar os fondos documentais.

Plano Arquivo municipal da Illa de Arousa