ARQUIVO MUNICIPAL DE ARBO
Arquivo municipal de Arbo
Praza Consistorial,1. 36430 Arbo
986 665 000 - Fax: 986 530 393
Responsables: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 2.917
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 23.410
Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 1997,1998,2001,2005,2009,2011,2013, 2016, 2019
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 1997
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A casa do concello é unha edificación de 1932, cun bo estado de conservación, que se distribúe en baixo e planta e á que se lle fixo unha reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura ao aproveitar o baixo cuberta, espazo no que se situaron dúas salas que acollen o arquivo municipal.
Tras esta reforma trasladouse o arquivo da planta baixa á primeira planta para garantir que existise suficiente superficie para os fondos existentes daquela. Co paso dos anos estas instalacións quedaron pequenas, polo que se decidiu trasladar parte do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do edificio Pazos, a carón da Oficina de Correos (rúa Luis Cubelas, 1).
Tal e como se aprecia no plano, o arquivo dispón dunha sala dotada dos equipamentos pertinentes.