ARQUIVO MUNICIPAL DE BUEU
Arquivo municipal de Bueu
Ramal dos Galos, 2, baixo, Bueu
986 323 140 (Biblioteca)
Concello de Bueu
Rúa Eduardo Vincenti, 8. 36930 Bueu
Tfno: 986 320 252 - Fax: 986 322 099
Responsable: Belarmino Barreiro Rosales
Nº unidades de instalación: 5635
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 70162
Organización inicial: 1984-1985
Reincorporacións documentais: 2004,2005,2015
Reorganización (novo cadro): 2003
Informatización instrumentos descrición: 2004
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

A casa do concello de Bueu é un edificio de pedra con baixo, planta e baixocuberta, e na súa fachada resalta o bloque central arcado e balconado. Foi construído nos primeiros anos do século xx, e culminou un proceso iniciado coa poxa dos terreos no ano 1881, con varias reformas ao longo do tempo, entre elas o engadido exterior da estrutura que soporta un elevador.
O arquivo ocupaba, na fase inicial de organización, a ampla baixocuberta da casa do concello, con case douscentos metros cadrados, con varias salas intercomunicadas e cunha estrutura de madeira na parte central e formigón nos laterais.
Debido á falta de espazo, e por decisión política, trasladouse o patrimonio documental a un baixo en alugueiro na parte alta da vila, situación que se prolongou varios anos deica a situación actual na que, mentres se realizaba a fase de reorganización e informatización, se instalaba provisionalmente na primeira planta da biblioteca municipal de Cela. Este local conta con dúas salas para depósito, tratamento e consulta documental, ademais dun pequeno despacho para a persoa responsable do arquivo. Unha das salas serve unicamente como depósito, cun andel metálico distribuído por todo o espazo desta. Canto á segunda sala, ademais de gardar documentación, serve de zona de consulta e traballo.
Na actualidade, trasladouse a un novo local en Bueu, no edificio da Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester, que ocupa parte da planta baixa, a carón do salón de actos. Inicialmente, disponse en dúas salas, unha delas dotada dun andel compactado, e unha zona de traballo e consulta.
Todo o arquivo dispón de instalacións axeitadas debidamente equipadas e acondicionadas, cun sistema de ventilación e iluminación e con equipamentos suficientes na actualidade para o fondo documental custodiado.
