ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE CAMPO LAMEIRO

Identificación

Arquivo municipal de Campo Lameiro
Praza Provincia de Pontevedra,1. A Lagoa. 36110 Campo Lameiro
986 752 034 - Fax: 986 752 084
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.563
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 9.341

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1995, 1998, 2002, 2010, 2011, 2013, 2018
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A antiga casa do concello era unha edificación independente, situada no campo da feira do lugar de Campo Lameiro, con baixo e dúas plantas; á súa parte frontal accedíase desde unha praza inferior a través dunha escalinata de dobre tramo. A parte traseira e un dos laterais coinciden cunha rúa á altura da primeira planta.

Esta construción ampliouse e o seu contorno modificouse; así, estendeuse considerablemente o volume da edificación, respectando as alturas da anterior, e creouse unha praza empedrada diante da fachada, que na nova distribución se trasladou á parte inferior.

Trátase dunha construción en forma de "L" que combina pedra e madeira. Está perfectamente integrada no contorno, formado pola praza e pola alameda, e conta cunha zona porticada que serve para acceder ás instalacións e que contribúe á integración espacial.

O espazo do arquivo ocupa o soto do concello, un local rectangular que ten unha superficie próxima aos 50 m2 e acceso ás dependencias municipais mediante unha escaleira interior. Esta dependencia dotouse dos equipamentos necesarios para a súa función, dun estante compactado e dunha mesa de traballo e de consulta.

Plano Arquivo municipal de Campo Lameiro