ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE CATOIRA

Identificación

Arquivo municipal de Catoira
Rúa do Concello, 6. 36612 Catoira
986 546 014 – Fax: 986 546 233
Responsable: María Dolores Ferreirós Loureiro

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.167
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 20.956

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1989,1996,1998,2001,2004,2006,2007,2008,2009,2011,2012, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional (actual): 2023

Mapa

A casa do concello é unha construción moderna, un edificio multiúsos ao que se trasladaron as dependencias municipais en 2018.

O antigo edificio era unha construción sinxela de 1933, exenta e distribuída en soto, baixo, planta e baixo cuberta, que albergou a casa do concello desde 1955. Ampliouse en 1986 para crear o salón de sesións e outras dependencias para acoller os distintos servizos da institución.

O arquivo distribuíase en dúas salas similares e comunicadas entre si no baixo cuberta, cunha superficie de 48 m2, 12 m de longo e 8 m de ancho; o teito ten forma de bufarda e permite usar e acceder comodamente a practicamente toda a sala.

Debido á falta de espazo neste local, a documentación trasladouse a outro situado no segundo andar do edificio Felipe Aragunde, que conta con máis de 60 m2. O arquivo ocupaba tres habitacións e unha sala destinada a zona de traballo e de consulta, co equipamento necesario, ventilación e iluminación natural, e tamén medios de regulación da calidade ambiental.

En 2017 o conxunto documental trasladouse ao edificio multiúsos, a dous locais do semisoto. Na actualidade, conta cunha mesa de traballo e de consulta e con sistemas de regulación da temperatura ambiental.

Plano Arquivo municipal de Catoira