ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE COVELO

Identificación

Arquivo municipal de Covelo
Praza Mestre Cerviño, 2. 36872 Covelo
986 650 027 - Fax: 986 650 131
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.541
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 12.618

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 1995,1999,2002,2005,2009,2011,2014
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

Mapa

A casa do concello é unha edificación en pedra, que, logo da reforma dos anos 1985 a 1987, conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, pola biblioteca e por outros servizos. Conta cun primeiro andar, onde se sitúan as oficinas municipais e a Alcaldía, e cun segundo, habilitado como salón de sesións. No baixo cuberta atópase o arquivo municipal e o xulgado de paz, ademais duns espazos anexos usados como almacén.

Nun principio o arquivo municipal ocupaba a superficie total do baixo cuberta, de máis de 130 m2. En 1992 reformouse e separáronse as zonas de almacén das do arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con 74 m2, unha altura media de 3 m e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico.

Ademais, dotouse das instalacións necesarias para gardar a documentación, con preto de 100 m de estantes metálicos, un ficheiro e unha mesa de traballo.

Plano Arquivo municipal de Covelo