ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE DOZÓN

Identificación

Arquivo municipal de Dozón
Avenida Médico F. Martínez Iglesias,1. 36518 - Dozón
986 780 471 - Fax: 986 700 810
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.007
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 10.633

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1994, 1998, 2003, 2007, 2009, 2011, 2013, 2018
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998

Mapa

Estes fondos sitúanse na propia casa do concello, unha edificación nun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta, situada xunto á estrada nacional de Santiago de Compostela a Ourense e que acolle todos os servizos municipais.

O arquivo municipal atópase na planta baixa, á dereita da escaleira de acceso á planta superior, e está composto por dúas pequenas salas similares, de algo máis de 6 m2 cada unha e dotadas dunha ampla ventá. Nelas instaláronse preto de 80 m de estantes metálicos, suficientes para os fondos existentes, e tamén unha mesa de consulta e de traballo e un ficheiro metálico.

Ademais, conta cunhas boas condicións de habitabilidade, iluminación e ventilación.

Plano Arquivo municipal de Dozón