ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE FORCAREI

Identificación

Arquivo municipal de Forcarei
Praza da Igrexa,1 36550
986 755 036 - Fax: 986 754 082
Responsables: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.214
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 21.429

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1991
Reincorporacións documentais: 1992, 1996, 1998, 2005, 2009, 2012, 2015
Reorganización (novo cadro): 1996
Informatización instrumentos descrición: 1996

Mapa

A actual casa do concello, unha mostra de construción civil contemporánea, rematada en 1980, divídese en catro volumes de diferentes alturas. Integrouse no contorno dunha ampla praza, e para a súa construción utilizáronse formigón armado, estruturas metálicas e abundante acristalado.

A maioría das oficinas e o propio arquivo atópanse na planta baixa. O local ten forma rectangular e ventilación e iluminación suficientes; tamén conta coas adecuadas condicións de habitabilidade e co equipamento necesario para as súas funcións de conservación e de información documental.

O local dispón dun total de 38 m2, nos que se instalaron estantes metálicos compactados para aproveitar ao máximo o espazo dispoñible.

En 2012 habilitouse un local na primeira planta, ao que se accede desde o exterior por unha escaleira, no que se colocaron as últimas unidades de instalación incorporadas ao arquivo.

Plano Arquivo municipal de Forcarei