ARQUIVO MUNICIPAL DE GONDOMAR
Arquivo municipal de Gondomar
Praza Doutor Latino Salgueiro,1. 36380 Gondomar
986 360 125 - Fax: 986 360 875
Responsable: Santiago Signo Fuentes
Nº unidades de instalación: 3.938
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 32.604
Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1994, 2002, 2013
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Debido a que non había espazo suficiente na casa do concello, buscáronse solucións alternativas para instalar o arquivo municipal. Así, adecuouse a planta superior da casa da cultura.
O edificio da casa da cultura atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, e está integrado no contorno urbano e acaroado a outras edificacións.
Na planta superior, no baixo cuberta, destinouse ao arquivo municipal un local que ten forma rectangular e unha superficie de 108 m2. Seguindo a estrutura da cuberta conta cunha superficie en forma de faio; cunha altura central de 2,70 metros e cunha suave pendente que permite aproveitar ao máximo o espazo.
Recentemente ampliouse a un novo local anexo, na mesma planta da casa da cultura, debidamente remocicado e equipado. Así mesmo, en 2013 foi necesario habilitar o uso doutro local na planta baixa do edificio de urbanismo para acoller a documentación máis actual. Así, son tres os locais que na actualidade albergan o patrimonio documental do Concello de Gondomar.