ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE MEAÑO

Identificación

Arquivo municipal de Meaño
As Covas, 20. 36968 Meaño
986 747 102 - Fax: 986 747 391
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.094
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 19.572

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1991
Reincorporacións documentais: 1997, 1998, 2002, 2005, 2007, 2009, 2012, 2013, 2014, 2017 e 2023
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional (actual): 2023

Mapa

Estes fondos sitúanse na propia casa do concello, unha edificación de finais dos anos setenta nun bo estado de conservación.

En 1991 distribuíase en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, amplo espazo no que se situou, tras a oportuna reforma e adaptación, o arquivo municipal, con acceso directo desde as oficinas municipais.

O edificio reformouse e a súa estrutura modificouse, polo que se habilitaron novos espazos para oficinas e unha sala específica para o arquivo na segunda planta..

En 2012 habilitouse un novo local no semisoto da casa do concello, con estantes compactados, para complementar as instalacións existentes e colocar a documentación máis recente.

Finalmente, no 2023 instaláronse estanterías metálicas complementarias tanto no segundo andar coma no semisoto co fin de optimizar o espazo.

Plano Arquivo municipal de Meaño