ARQUIVO MUNICIPAL DE MORAÑA
Arquivo municipal de Moraña
Rúa Santa Lucía,1. 36660 Moraña
986 553 005 - Fax: 986 553 442
Responsables: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 2.305
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 19.332
Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1991, 2000, 2005, 2007, 2009, 2012, 2016
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2000

A casa do concello é unha edificación en pedra, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que na actualidade é insuficiente para acoller todos os servizos municipais.
Neste edificio o arquivo ocupaba un pequeno espazo no baixo cuberta, que se foi reducindo co paso dos anos para poder situar outros servizos. Isto derivou na necesidade de buscar un espazo fóra da casa do concello para a conservación documental, e este pequeno local destinouse á documentación de tramitación recente ou de uso habitual..
Para tal fin reformouse unha antiga escola unitaria no mesmo centro urbano, que conta cun espazo de depósito, tratamento e consulta dos fondos documentais conservados no Concello. Trátase dun local de máis de 70 m2 e en máis da metade destes colocáronse andeis para gardar a documentación.
En fases sucesivas fóronse instalando nel os equipamentos necesarios para a función de almacenamento e tratamento documental. Na actualidade conta cunhas condicións idóneas de habitabilidade, seguridade, illamento, ventilación e iluminación, así como con máis de 150 m de andel metálico, deshumidificador, mesa de consulta e ficheiro.
