ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.603
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.671

ARQUIVO MUNICIPAL DE MOS

Identificación

Arquivo municipal de Mos
Reguengo, 1 - Petelos. 36416 Mos
986 338 080 - Fax: 986 336 618
Responsable: Diana Lago Álvarez

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 8.466
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 39.723

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1990
Reincorporacións documentais: 1991,1994,1999,2003,2005,2008, 2012, 2014, 2017
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 2003

Mapa

Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, de granito e de mediados do século XX, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que destaca unha torre central. O arquivo formábano varias salas comunicada entre si, cun total de 64 m2 e 155 m de andeis.

Con todo, debido á súa localización e ao insuficiente espazo, o arquivo trasladouse á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, na que tamén se encontra na súa primeira planta a biblioteca municipal, entre outros servizos.

Este local, de forma cadrada, foi convenientemente adecuado para o seu fin, e conta cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficientes, con andeis compactados e con mobiliario para traballo e consulta.

Cando este lugar quedou sen espazo, habilitouse de forma provisional un novo local destinado a arquivo na segunda planta do edificio do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Mos, en Puxeiros.

En 2017 adaptouse nunha edificación municipal situada á beira deste centro un amplo local de máis de 250 m2, equipado con andeis compactados nos que se instalou a documentación que estaba depositada no Centro de Desenvolvemento Local e os expedientes transferidos desde as oficinas municipais nos últimos anos.

Plano Arquivo municipal de Mos