ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE OIA

Identificación

Arquivo municipal de Oia
Rúa Vista Alegre,3. 36794 Oia
986 362 125 - Fax: 986 362 268
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.085
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 21.674

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 2002, 2007, 2009, 2010, 2012, 2016
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002

Mapa

A casa do concello atópase a carón da estrada de Baiona á Guarda. É unha edificación exenta, de pedra, distribuída en baixo e planta, na que predominan as formas horizontais.

O principal local do arquivo sitúase na á esquerda da planta baixa, a carón das dependencias do Xulgado de Paz. É unha pequena sala rectangular, de algo máis de 22 m2, dotada do equipamento necesario para almacenar os documentos. Na actualidade conta cunhas condicións de habitabilidade idóneas, con estantes metálicos e cun ficheiro.

Debido á falta de espazo habilitouse unha nova sala, situada na parte posterior da mesma planta baixa, o que permitiu duplicar o espazo do arquivo e dispor dunha zona de traballo e consulta.

Plano Arquivo municipal de Oia