ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTE CALDELAS

Identificación

Arquivo municipal de Ponte Caldelas
Avenida de Galicia, s/n. 36828 Ponte Caldelas
986 750 013 - Fax: 986 750 020
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.297
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 25.618

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1985
Reincorporacións documentais: 1986, 1988, 1996, 2000, 2003, 2006, 2009, 2011, 2013, 2016, 2017
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2000

Mapa

Os fondos documentais atópanse na propia casa do concello, unha edificación de pedra, construída en 1812, de muros sólidos e con profusión de vans, na que destaca a tripla arcada da súa fachada cunha ampla balconada e o artesoado do seu salón de sesións.

Debido á necesidade de contar con novos espazos ampliáronse as instalacións mediante a conexión coa edificación lateral, ocupada anteriormente pola Cámara Agraria, a través dunha estrutura metálica e acristalada, que acolle parte das oficinas e o arquivo municipal.

A inexistencia dun espazo específico para conservar a documentación obrigou sempre a buscar solucións provisionais, condicionadas pola estrutura do edificio. Os locais destinados ao arquivo municipal situábanse na planta baixa, na á dereita do edificio, de forma rectangular e con dous niveis comunicados por unha escaleira metálica encartable; ademais, habilitouse outra pequena sala na primeira planta, a carón do salón de sesións.

Logo da recente ampliación destinouse o espazo útil resultante da creación dunha entreplanta ás instalacións e equipamentos do arquivo municipal, un total de tres pequenas salas anexas pero independentes, cunha superficie total próxima ós 50 m2.

Ademais, a falta de espazo obrigou a habilitar un espazo para depósito dunha parte do fondo documental nunha sala situada nas dependencias deportivas de propiedade municipal, á que se trasladaron máis de mil unidades de instalación.

Plano Arquivo municipal de Ponte Caldelas