ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE PORTAS

Identificación

Arquivo municipal de Portas
Rapeira, s/n. 36658 Portas
986 536 161 - Fax: 986 536 348
Responsables: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.831
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 20.208

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1993
Reincorporacións documentais: 2000, 2005, 2008, 2010, 2013, 2014, 2016, 2017 e 2020
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2000
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

Os fondos atópanse na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais do século XX, distribuída en baixo, planta e baixo cuberta. No conxunto da edificación destaca o resalte da zona central da fachada principal tanto en altura coma na súa proxección ao exterior. Está situada na área de servizos do concello, onde ademais se atopa o centro de saúde, a casa da cultura, o pavillón de deportes e os centros escolares.

No baixo sitúanse as oficinas e os servizos municipais, a primeira planta acolle despachos e o salón de sesións e no baixo cuberta atópase o arquivo.

O local do arquivo, accesible directamente desde a planta baixa mediante unha escalinata central, foi remocicado e adaptado para este uso. Distribúese en tres salas, con 70 m2 en total, nas que se instalou o equipamento necesario para o tratamento e a conservación documental; conta con estantes metálicos e de madeira de máis de 120 m lineais, suficientes para os fondos existentes; dunha mesa de consulta e traballo, dun ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, e ten condicións adecuadas de habitabilidade e de illamento.

Plano Arquivo municipal de Portas