ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE RIBADUMIA

Identificación

Arquivo municipal de Ribadumia
Avenida de Ribadumia, s/n. 36636 Ribadumia
986 718 499 - Fax: 986 716 393
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.339
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 19.318

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1987,1991,1997,2001,2004,2005,2007, 2011, 2012, 2016, 2023
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 1997

Implementación do cadro funcional: 2023

Mapa

Estes fondos almacénanse na propia casa do concello, unha edificación de pedra con baixo e planta, construída en 1963 e recentemente ampliada na súa parte lateral, de muros sólidos e con profusión de vans; na que destaca a torre central.

Debido á falta dun espazo específico para conservar a documentación tiveron que buscarse solucións provisionais condicionadas pola estrutura do edificio. Para iso, na torre habilitouse unha sala cadrada de 25 m2, con ventilación e iluminación natural, na que se instalou o equipamento necesario: estantes metálicos, un ficheiro, unha mesa de consulta e un deshumidificador.

Co paso dos anos e debido á necesidade de espazo suficiente para a conservación dos fondos que se ían producindo houbo que usar ademais o corredor de acceso a esta sala para colocar máis estantes no centro do local principal.

Na actualidade habilitouse un espazo no soto da casa da cultura para conservar parte da documentación do arquivo, onde se colocaron estantes metálicos e a onde se trasladou parte dos fondos, quedando na casa do concello a documentación máis recente e de maior uso administrativo.

Plano Arquivo municipal de Ribadumia