ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE VILABOA

Identificación

Arquivo municipal de Vilaboa
Toural,1. 36141 Vilaboa
986 708 215 - Fax: 986 708 387
Responsable: Margarita Arca Liste

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.347
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 21.738

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1985
Reincorporacións documentais: 1986,1992,1999,2000,2001,2004,2015
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

A casa do Concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1975 e reformada con posterioridade a fin de mellora-la súa calidade estética exterior e amplia-la súa superficie útil mediante o aproveitamento do baixo cuberta; en xeral goza dunhas axeitadas condicións de espacio e funcionalidade.

Na actualidade distribúese en baixo, planta e baixo cuberta, situándose o local dedicado a arquivo municipal, logo de sucesivos traslados internos, na parte frontal do baixo cuberta do edificio; presenta unha estructura rectangular perfectamente regular, con algo máis de setenta metros cadrados útiles.

Neste local procedeuse á instalación dos equipamentos necesarios, de acordo co plano, para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas idóneas condicións de habitabilidade, illamento, ventilación e iluminación, así como con ordenador, mesa de consulta e ficheiro.

No último ano integrouse no Plan de desinsectación e desinfectación levado a cabo, mediante unha subvención da Deputación Provincial, por unha empresa especializada contratada para o efecto.

Plano Arquivo municipal de Vilaboa