ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.385
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ARQUIVO MUNICIPAL DE VILANOVA DE AROUSA

Identificación

Arquivo municipal de Vilanova de Arousa
Avda. Gonzalez Besada, s/n. 36620 Vilanova de Arousa
986 554 082 - Fax: 986 554 069
Responsable: José Miguel Ventoso Martínez

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 5417
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 38411

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1983
Reincorporacións documentais: 1988,1995,1996,1999,2000,2001,2002, 2003,2005,2008,2010, 2013,2014
Reorganización (novo cadro): 1995
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2025

Mapa

Ata hai uns meses e logo de sucesivos traslados, depósitos provisionais e reformas, dispoñíase o patrimonio documental conservado polo Concello, froito da súa xestión, na planta superior do edificio do mercado municipal, edificación illada próxima ao Concello.

A escaseza de espazo para as dependencias e os servizos municipais fixo necesario este traslado na procura dun lugar digno e suficiente para conservar a documentación desde a súa anterior situación, na planta baixa da casa do concello.

Este espazo dedicado a arquivo municipal distribúese en dúas salas rectangulares e de gran lonxitude con acceso independente destinadas a depósito. Na súa cabeceira, disponse o acceso directo desde a rúa mediante unha ampla escalinata e dúas salas cadradas para colocar fondos bibliográficos e boletíns, que serven, ademais, de sala de traballo e consulta.

Recentemente o Concello decidiu darlle unha solución máis acorde e definitiva que permitise centralizar toda a documentación conservada, para o que reformou un amplo local situado no número 19 do Camiño do Carballal, no Edificio Playavilla, bloque II, preto da praia das Sinas, en Vilanova de Arousa.

Nesta actuación, renovouse e habilitouse un amplo local de 246 m2 con forma trapezoidal e distribuído en zonas de traballo e consulta, depósito documental, recepción e aseo, coas pertinentes medidas de seguridade, accesibilidade, antiincendios, hixiénico-sanitarias e medioambientais. 

Plano Arquivo municipal de Vilanova de Arousa