ARQUIVO MUNICIPAL DO GROVE
Arquivo municipal do Grove. Casa da Cultura
Monte da Vila,11. 36980 O Grove
986 732 341 - Fax: 986 731 358
Casa do Concello
Praza do Corgo s/n. 36980 O Grove
Tfno: 986 730 975 - Fax: 986 731 358
Responsable: Marina Olga Aguín Núñez
Nº unidades de instalación: 5.035
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 40.918
Organización inicial: 1990
Reincorporacións documentais: 1992,1995,1996,1998,2002,2005,2009, 2011,2013,2014
Reorganización (novo cadro): 1996
Informatización instrumentos descrición: 1998
Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello, a carón do salón de sesións. Tratábase dun espazo rectangular con algo máis de 30 m2 que, a pesar de estar dotado de estantes metálicos e mesa de consulta, era claramente insuficiente para albergar a documentación que se producía.
En 1993 o Concello acordou trasladar á casa da cultura os fondos documentais custodiados no arquivo e, para iso, acondicionou unha sala na parte dereita da planta baixa, anexa ao salón de actos.
Este local ten unha superficie total aproximada de 60 m2, con 10 m de longo e 6 m de ancho. Nel instalouse un sistema de estantes compactados, que xa resultaba insuficiente para almacenar toda a documentación transferida ao arquivo.
Por iso, habilitouse unha sala na primeira planta para o seu uso como depósito documental, que se dotou de estantes metálicos.
Con motivo do último proceso de incorporación documental, realizado en 2014, ampliouse a sala do andar baixo para arquivar toda a documentación nun único depósito documental.
Este local dispón dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, dun aparato deshumidificador, dunha mesa de consulta, dun ordenador e dun ficheiro.