ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DO PORRIÑO

Identificación

Arquivo municipal do Porriño
Rúa Antonio Palacios,1. 36400 O Porriño
986 335 000 - Fax: 986 337 598
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.351
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 15.563

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1993
Reincorporacións documentais: 2003
Reorganización (novo cadro): 2003
Informatización instrumentos descrición: 2003
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A casa do concello do Porriño, construída por Antonio Palacios en 1924, reformouse e ampliouse recentemente.

É unha edificación de pedra dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa,. Nela destacan o pórtico da súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación.

En 1976 arde o edificio e o seu interior queda case totalmente destruído, polo que se leva a cabo unha reforma que remata en 1983. En todo caso, debido á necesidade de espazo, posteriormente ampliouse o edificio.

O arquivo estaba situado na torre máis destacada da casa do concello ata a última ampliación, cando houbo que trasladalo debido aos problemas de humidade e á falta de espazo. Por iso, considerouse necesario instalalo nun novo local con mellores condicións para conservar os documentos.

Na actualidade o arquivo está situado no soto da casa do concello nunha sala practicamente rectangular e é accesible desde a planta baixa, e dotada do equipamento necesario: estantes metálicos compactados, un ordenador e unha mesa de consulta. Na actualidade, este espazo resulta claramente insuficiente para almacenar a extensa documentación do Concello.

Plano Arquivo municipal do Porriño