ARQUIVO MUNICIPAL DO ROSAL
Arquivo municipal de O Rosal
Praza do Calvario,1. 36770 O Rosal
986 625 000 Fax:986 626 034
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 3598
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 30147
Organización inicial: 1991
Reincorporacións documentais: 1992,1997,1998,2002,2003,2004,2007, 2009, 2010, 2012, 2013, 2017
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 1998
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A edificación que hoxe alberga a casa do concello foi construída en 1781 por un emigrante brasileiro retornado. Na actualidade as dependencias municipais ocupan a totalidade do edificio, xa que recentemente se adquiriu a outra metade. É un edificio de pedra, distribuído en baixo, planta e con aproveitamento do baixo cuberta.
Situada nunha ampla praza, posúe unha fermosa fachada porticada na súa planta baixa e unha balconada corrida na primeira planta.
O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, con claraboia e accesible directamente desde as oficinas mediante unha escaleira metálica de caracol. Trátase dun local amplo, cunha superficie útil de 134 m2, de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións con espazos laterais para almacenar diversos materiais.
Conta con ventilación e iluminación natural, con illamento térmico, boas condicións de habitabilidade e o equipamento adecuado.
Neste local instaláronse 240 m de estantes metálicos, suficientes para almacenar a documentación actual e as sucesivas incorporacións; ademais, dispón dunha mesa de traballo e consulta, dun ficheiro metálico, dun equipo informático de uso exclusivo e dun aparato deshumidificador.