ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

Identificación

Arquivo Municipal de Pontevedra

Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra

Praza de Concepción Arenal, s/n, 36071 Pontevedra

Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra

Rúa Alfonso XIII, 3, 36071 Pontevedra

Tel.: 986 804 300, extensións: 7021, 7022 e 7024

Correo electrónico: arquimunpo@pontevedra.eu

Web: https://www.pontevedra.gal/arquivo/

Responsable: Rodrigo Silva Poceiro

Correo electrónico: arquimunpo@pontevedra.eu

Web: https://www.pontevedra.gal/arquivo/

Responsable: Rodrigo Silva Poceiro

Datos básicos

Núm. de depósitos: 4

Capacidade: 4.855 metros lineais

Ocupado: 2.911 metros lineais

Libre: 1.661 metros lineais

Unha parte importante da documentación do Concello, a máis antiga, que vai desde 1438 a 1908, está depositada no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e ocupa 160 unidades de instalación. Enlace ao cadro de clasificación do AHPPo.

No ano 2011 apróbase o regulamento do Arquivo Municipal coa misión de prestarlle un servizo máis eficiente á cidadanía e coa vontade de mellorar a calidade da súa xestión. No capítulo terceiro deste regulamento prevese a creación da Comisión cualificadora de documentos municipais, que se fará realidade no ano 2018 co decreto de creación deste organismo.

Regulamento do Arquivo Municipal

Comisión Cualificadora de Documentos Municipais

Investigación

O Arquivo Municipal conta cunha sala de investigación na sede situada nos baixos do colexio público Froebel, trátase dunha planta de 500 m2 dos que 200 m2 se habilitaron para este uso e para oficinas. Está aberta desde finais de 1997.

Horario de atención ao público

De luns a venres de 9 a 14 horas

Mapa

Os inicios do arquivo remóntanse ao ano 1984, cando se contratou un arquiveiro para a xestión da documentación xerada polas distintas oficinas do Concello e a custodiada en distintos depósitos, que xa fora transferida polos organismos municipais.

Na actualidade o arquivo conta con dúas sedes e catro depósitos documentais. Unha delas está nos baixos do edificio do Concello, na praza de España, e a outra nos baixos do colexio Froebel, na praza de Concepción Arenal. Ademais conta con dous depósitos máis, un no antigo edificio do conservatorio de música e o outro no soto -2 do edificio do Concello na rúa Michelena, este último con modernas instalacións de estantes móbiles automatizados. O Arquivo Municipal está a un 60 % de ocupación da súa capacidade, polo que pode recibir documentación das distintas oficinas durante algúns anos máis.

  • Local 1.Colexio Froebel
  • Local 2. Conservatorio
  • Local 3. Edificio Michelena
Plano Arquivo municipal de Pontevedra