Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435
FONDO ARQUIVO DA DEPUTACIÓN - XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS
A Xunta de Axuda a Municipios funcionou entre 1945 e 1965. Estaba presidida polo gobernador civil e tiña representación doutros moitos organismos (Deputación, Movemento Nacional, Delegación de Facenda, ministerios etc.), o que posibilitaba a realización de obras e proxectos por todos os concellos da provincia. O seu labor continuouno o Servizo de Cooperación da Deputación.
A colección, con preto de 2.500 fotografías, todas elas en branco e negro e dixitalizadas, permite coñecer a evolución técnica de instalacións e infraestruturas, pero, especialmente, serve como testemuña do paso do tempo e do cambio nos usos sociais, económicos e culturais das xentes.
![Mercado municipal de Redondela, en obras, ca. 1954](/documents/885401/885849/1.jpg/f8d65f44-28a9-4434-8724-a2d32ccf7e9a?t=1580117456947)
![Obras nunha ponte en Sandián, O Rosal, 1950](/documents/885401/885849/2.jpg/c3f6964a-d913-478e-8cd9-4a97f69ab9e5?t=1580117457220)
![Actos de inauguración dun rego no Rosal, 1950](/documents/885401/885849/3.jpg/2660041f-54e8-4b80-abcc-2b1db8b3319b?t=1580117457492)
![Casas acaroadas en Portonovo, 1953-54](/documents/885401/885849/4.jpg/1f883b4f-64af-4e11-b44d-726e2dce12ec?t=1580117457812)
![Centro rural de hixiene e casa do médico en Cerdedo, 1953-1954](/documents/885401/885849/5.jpg/3abef741-87c8-4690-97f8-8b4b69fc6994?t=1580117458156)
![Atletas nas instalacións das Travesas, Vigo, 1963](/documents/885401/885849/6.jpg/7d7e6cf6-372c-499f-a4bc-2fcc3e07cd87?t=1580117458533)
![Caseta de electrificación en Campañó, Pontevedra, 1952](/documents/885401/885849/7.jpg/6f9fdb71-7e90-4e2f-a39d-1d4d10b34d5c?t=1580117458841)
![Condución de auga en Forcadela, Tomiño, 1953-54](/documents/885401/885849/8.jpg/991561e5-79a5-418e-ba81-af53f1a315fe?t=1580117459164)
![Fonte en Camposancos, A Guarda, 1952-53](/documents/885401/885849/9.jpg/019e54db-1b8a-473c-9bac-3853045302fd?t=1580117459474)
![Obras na Aduana de Tui, 1959](/documents/885401/885849/10.jpg/185dc39d-21b4-40f9-ac84-f9920c59e31b?t=1580117459764)