Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442
FONDOS GRÁFICOS - TARXETAS POSTAIS
Desde o ano 2003 o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Arquivo conserva, organiza e difunde un fondo sobre a provincia de Pontevedra especializado neste soporte.
A tarxeta postal aparece en España a finais do século XIX como un medio de comunicación alternativo á carta, máis económico e sobre todo máis visual.
O noso fondo conta con máis de 5.000 postais, que proporcionan referencias paisaxísticas, etnográficas e tamén filatélicas e editoriais de interese sobre a nosa provincia. Destacan concretamente as editadas polos impresores Hauser y Menet e os fotógrafos Zagala, Pintos e Roisin.