FOTÓGRAFOS NO ARQUIVO – CARLOS OSORIO
O fondo, doado á Deputación no ano 2007, está formado por fotografías sobre papel (maioritariamente en branco e negro), diapositivas, negativos fotográficos, copias de postais antigas e varias películas en 35 mm.
En todos eses formatos diferentes, dixitalizados case na súa totalidade, atopamos algunhas series de indubidable interese: Retratos de Berdoias (1987), Galicia: su luz..., fotografías do rural galego, especialmente de Pedre, no concello de Cerdedo, fotos do casco vello de Pontevedra, fotos de ferrocarrís e unha interesantísima serie de fotografías dos viaxes do autor por diferentes países e cidades do mundo.
A Deputación homenaxeou o legado deste fotógrafo por medio dunha exposición e da edición dun catálogo, no que se recolle unha ampla descrición da vida e obra deste fotógrafo.
Fondos dispoñibles para a súa consulta no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.




