Registros actuales: 1.621.302
Objetos digitales disponibles: 504.713
Actualizada a colección bibliográfica da Asociación Cultural da Vieira
04 de septiembre de 2023 Biblioteca

Representantes da madrileña Asociación Cultural da Vieira veñen de entregar na biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico exemplares dos últimos títulos editados pola devandita asociación, que coa intención de difundir a cultura galega se constituíu no ano 1989 sobre a base da xa preexistente Enxebre Orde da Vieira.
As obras recentemente incorporadas completan unha colección composta por máis de 40 títulos, todos eles dispoñibles na biblioteca nas modalidades de préstamo ou consulta en sala.