ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.154
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Día do Libro 2021


23 de abril de 2021 Editorial

Desde a súa Editorial a Deputación de Pontevedra súmase ó Día do libro. A difusión da cultura da nosa provincia e os seus concellos é un sinal de identidade desta Institución Provincial que vén contribuíndo cunha importante achega bibliográfica no seu catálogo Editorial con case 800 títulos de narrativa, poesía, arte, ensaio, natureza, investigación, arquitectura, historia, etnografía, xeografía, fotografía… o noso obxectivo é profundizar no coñecemento da riqueza patrimonial do noso pobo en todos os ámbitos, para o cal non deixa de abrir canles que faciliten tanto o estudio e a investigación das diversas manifestacións culturais. A diversidade temática é un dos nosos cometidos así como a súa divulgación e difusión efectiva.

Unha boa suxerencia para este día do libro 2021 é a última das nosas novidades editoriais: Antón Alonso Ríos. Siñor Afranio.

Feliz Día do libro!!