ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Día internacional da curtametraxe


20 de decembro de 2023 Audiovisuais
Día internacional da curtametraxe

Coincidindo co día máis curto do ano, celebramos cada 21 de decembro o Día internacional da curtametraxe, adicado a este formato audiovisual dotado dunha narrativa e linguaxe propias e canteira de aprendizase e práctica para cineastas.

O arquivo audiovisual da Deputación, parte do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dispón dunha colección de preto de 600 curtametraxes de diversa temática (ficción, cine experimental e videocreación, animación, documental, divulgativo..) e soporte, tanto analóxico como dixital.

Na colección de curtametraxes do SPDB atopamos autores que deron os seus primeiros pasos no audiovisual traballando neste formato, como por exemplo, Olga Osorio, Antón Reixa, Lucia Estévez, Marcos Nine, Lois Patiño, etc. Posúe especial importancia tamén a presenza numerosa de traballos realizados por institutos e colexios (xerais ou especializados en formación audiovisual) que empregan a curtametraxe como ferramenta educativa, así como recopilacións de traballos, produto de iniciativas das diferentes administracións públicas neste eido.