ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Fondos dixitalizados do concello de Vigo accesibles en AtoPO


05 de xuño de 2024 , Arquivos , Arquivos municipais
Fondos do concello de Vigo

O arquivo municipal de Vigo ten integrado parte da información elaborada sobre o seu amplo fondo documental, en concreto a que se elabora como Institución propia no xestor documental Atom, xestionado polo Arquivo da Deputación. É por iso que grazas e este incomiable esforzo poden disfrutar na actualidade xa os usuaios  dende fai uns anos de 11027 rexistros que describen os viados fondos patrimoniais do concello (Concello de Bouzas, Xulgado de Bouzas, Concello de Lavadores, Marquesado de Valadares, Marquesado de Mos e Valadares, Condado de Ramiráns e Ximonde, Obra Pía da Familia Coronel, Hospital de Pobres de Vigo, Capela do Castro, Colexiata de Vigo, Escola de Nenos, Banda de Música, Escola Municipal de Artes e Oficios, Fábrica de Papel de Soutorredondo, Colección documental Manuel Yáñez, Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo ou a Colección hemerográfica), así como, máis recentemente, dunha pequena parte dos fondos propios do concello de Vigo, entre os que destacan os libros de actas do Pleno e da Comisión Municipal Permanente, así como dos libros de rexstro de entrada e saída de documenos e copiadores de correspondencia.

Esta última incorporación ten permitido ademáis incluir en AtoPO as  imaxes destes documentos, dixitalizadas no seu dia polo propio Arquivo municipal de Vigo dentro dun ambicioso proxecto, que neste caso concreto enriquece e completa, por exemplo, a información das actas dos Plenos da Corporación ou da Comisión Municipal Permanente da práctica totalidade dos concello da provincia accesibles para todos no portal AtoPO.

Como resultado desta actuación iniciada e previsiblemente a completar cara o futuro inmediato, dispón xa na actualidade o Arquivo municipal de Vigo con 494 rexistros con imaxes dixitais asociadas, entre os que destacan:

  • As listaxes de embarque de pasaxeiros no porto de Vigo , cinco documentos entre 1901 e 1905 relativas ás consignatarias de Augusto Bárcena, Enrique Mülder, Antonio Conde e Estanislao Durán.
  • Os libros de actas de sesións do Pleno, con documentos entre 1578 e 1986, con notoria continuidade, que suponen 107 unidades de instalación, con 282 libros, cosidos ou encadernados, en soporte papel na súa totalidade. A maior parte deles teñen asociada a dixitalización do seu contido, permitndo a visualización e decarga das imaxas.
  • Os libros de actas de sesións da Comisión Permanente , con documentos en 95 unidades de instalación con 261 libros, en soporte papel na súa totalidade, do periodo comprendido entre 1924 e 1985 , que terán continuidade na Comisión de Goberno e na actual Xunta de Goberno Local. Un total de 203 rexistros teñen asociada a imxa dixitalizada do seu contido.
  • Finalmente os libros rexistro de entrada de documentos, libro rexistro de saída de documentos e libro copiador de correspondencia,que supoñen 645 unidades de instalación e 958 libros ou rexistros relativos a un amplo peritodo temporal ente 1835 e 1993, dos que unha pequena parte, 37 libros a dia de hoxe, correspondente ao perido 1835-1951 se atopa dixitalizada e accesible ou en vvía de selo en breve