Incorporación ao Arquivo da Deputación dunha colección de foros do Mosteiro de Armenteira na parroquia de Barcia do Seixo (1315-1673)
No pasado mes a Asociación Veciñal "Fonte dos Chaos" da parroquia de Santa Ana de Barcia do Seixo, no concello da Lama, fíxo un depósito permanente da para a súa conservación, descrición, dixitalización e difusión dunha agrupación documental, cosida e disposta nun único elemento, en bo estado de conseración
Conténesta agrupación documental en 408 páxinas un grupo de 68 foros do Mosteiro de Armenteira na parroquia de Barcia do Seixo correspondentes na sú maioria aos séculos XVI e XVII, pero que abarcan o periodo temperoal que vai de 1315 ata 1673 e que forn elaborados,entre outros,polos seguintes escribáns:
S. XIV Nuño Pérez
S. XVI Pedro de Nantes; Fernando de Romay; Juan Garcia Díaz; Pedro Vázquez López; Gregorio Dogando Ruano; Alberte Martínez; Alberte Martínez; Pedro Dantas; Alberte González; Pedro de Otero; Pedro de Agulla; Vasco Fernández
S. XVI-S.XVII Joan de Moynos; Juan de Gayoso
S. XVII Diego Pillado; Marcos Alonso; Lucas Fernández
Recibido este fondo procedeuse a oportuna instalación e á súa descrición e a incorporación da informacións resultante na base de datos do Arquivo da Deputación.
Ademais foron dixitalizados os documentos na súa totalidade e figuran xa a disposición dos usuarios tanto en Atom coma no portal www.atopo.depo.es, estando accesibles polo de agora nas dependencias do propio Arquivo, na espera da pronta posta a disposición pública deste portal do cidadán