ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Mellora na accesibilidade dos contidos do arquivo municipal de Vigo


10 de xuño de 2021 Arquivos municipais

O arquivo municipal de Vigo incorporouse como institución integrada en Atom nos pasados meses e ten achegado xa un elevado caudal de información, resultado dun renovado esforzo de tratamento e organización documental que inclúe un xeneroso esforzo de dixitalización que se irá vendo nos vindeiros meses.

Polo de agora, xunto coa información que ofrece o propio arquivo municipal de Vigo e a modo de complemento na función de difusión e información,  xa temos a disposición dos usuarios unha parte deste inxente traballo, para facilitar o achegamento ás súas coleccións e fondos documentais tanto no acceso web do Patrimonio provincial para a información dos niveis intelectuais e a súa contextualización, como en Atopo para o acceso aos rexistros das unidades documentais simples e compostas.

Están dispoñibles xa un total de 7.325 rexistros con información sobre os distintos fondos e coleccións conservados; ademais do fondo do propio concello de Vigo, en fase de organización e descrición. Existe información dos seguintes fondos e coleccións:

Concello  de Bouzas

Documentación entre 1599-1904 en 45 unidades de instalación con 1.138 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa práctica totalidade. Contén un pergamiño.

Xulgado de Bouzas documentación entre 1666-1904 en 69 unidades de instalación                       

Concello de Lavadores

Documentación entre 1786 e 1978 en 33 unidades de instalación con 268 expedientes ou agrupacións documentais      

Marquesado de Valadares

Documentación entre 1532-1950  en 8 unidades de instalación con 370 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel 

Documentación entre 1378-1969 en 144 unidades de instalación con 3.945 expedientes ou agrupacións documentais

Documentación entre 1563-1850 en 5 unidades de instalación con 146 expedientes ou agrupacións documentais

Hospital de Pobres de Vigo

Documentación entre 1773-1887 en 4 unidades de instalación con 44 expedientes ou agrupacións documentais

Capela do Castro

Documentación entre 1659-1950 nunha unidade de instalación con 28 expedientes ou agrupacións documentais    

Colexiata de Santa María de Vigo

Documentación entre 1578-1931 en 8 unidades de instalación con 254 expedientes ou agrupacións documentais 

Escola de Nenos de Vigo

Documentación entre 1752-1843 en 2 unidades de instalación con 83 expedientes ou agrupacións

Banda de Música

Documentación entre 1883-1983 en 5 unidades de instalación con 205 expedientes ou agrupacións documentais

Escola municipal de Artes e oficios

Documentación entre  1886-1993 en 10 unidades de instalación con 415 expedientes ou agrupacións documentais

Colección hemerográfica: ampla mostra estruturada en tres grandes seccións: Publicacións oficiais, Publicacións xornalísticas e Publicacións seriadas, con documentos entre 1828-2010 e cun elevado volume, por determinar con exactitude,

Destaca unha ampla colección do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, usado en parte no proceso de dixitalización da colección completa do mesmo, ou a existencia de exemplares do Boletín Oficial da provincia de Vigo ou do Diario Oficial de Galicia

 

Fotos