ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.661
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.474

Visita as dependencias do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico polo alumado Obradoiro de Emprego "Porremprego Cualifica II"


10 de xullo de 2024 Arquivos
Alumnos do obradoiro

O Concello do Porriño está a desenvolver un Obradoiro de Emprego da especialidade de "Tecnoloxías da Información e Comunicación", cunha duración dun ano. Algunhas das tarefas que o alumnado-traballador está a desenvolver neste Obradoiro céntranse na xestión de arquivos e de expedientes municipais, así como no tratamento de datos, textos e documentación, as técnicas de recepción e comunicación de información, e sobre todo, o uso das tecnoloxías aplicadas na Administración Pública, traballando contidos ofimáticos, a dixitalización e o arquivo de documentos.

Dentro das actividades que desenvolve este Obradoiro, o alumnado levou a cabo unha visita a cidade de Pontevedra o venres 5 de xullo de 2024, que incluía, de xeito especifico, ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

O grupo está formado por 10 alumnos, acompañados pola docente e Ángela Vizoso Marcos, directora do Obradoiro de Emprego "Porremprego Cualifica II",  e complementaría logo a mesma co acercamento ao Arquivo Histórico Provincial, para ter contacto directo cos principais centros dedicados a conservacións, organización e difusión do noso patrimonio na cidade e provincia.

Nesta visita puideron coñecer as instalación e equipamentos do Arquivo, da Biblioteca e da Cartoteca, palpando á realidade dos seus fondos e profundando nos contidos e ferramentas técnicas (Atom e Koha), así como na web arquivos.depo.gal e no o portal Atopo e as diferentes vías de difusión dos contidos.

A visita contou cunha pequena exposición de diferentes materiais (documentos de arquivo, publicacións periódicas, monografías, fotografía, postais, material sonoro, mapas, planos…) custodiados neste centro e cunha abondosa información práctica sobre os mesmos

Fotos