ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Querela presentada por Juan Varela Mariño de Goyanes contra Juan Pérez sobre os dos muíños que utiliza seu caseiro en San Xulián de Artes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3.1.1.248/11

  • Título Querela presentada por Juan Varela Mariño de Goyanes contra Juan Pérez sobre os dos muíños que utiliza seu caseiro en San Xulián de Artes

  • Data(s) 1656-1752 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 93 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Casa de Goyanes: 11.1.- Querela presentada por D. Juan Varela Mariño de Goyanes, na Real Audiencia de Galicia, contra Juan Pérez, sobre os dos muíños que utiliza seu caseiro Domingo Laranga na freguesía de San Xulián de Artes. 1656, xullo, 8. A Coruña. 11.2.- Dúas provisións do Real Tribunal do Reino de Galicia, gañadas en 1747 e 1748 polo Sr. D. Juan Antonio Caamaño, contra D. Pedro Arias Mariño, sobre denuncia duns muíños que comenzaba a construír nas inmediacións dos de "A Bogareira ", pertencentes á Casa de Goyanes. Figuran así mesmo as dilixencias practicadas e as declaracións dos peritos, onde constan os prexuízos que da súa construción derívanse. 1747 e 1748. 11.3.- Copia auténtica realizada a instancia de D. Jorge Caamaño y Gayoso, da escritura de acollemento de foro que outorgou, en 1751, D. Pedro Arias Mariño, a favor de Felipe Martínez, dos muíños de "A Bogareira", propios e do dominio da Casa de Goyanes. 1752, maio, 14. Poboa do Deán. 11.4.- Orixinal e copia da carta de receptoría e mandamento dada, en 1504, polo xuíz de Noia, para que Juan Mariño recibise unha probanza no preito que seguía con Rodrigo de Gude sobre o muíño de "Aboreira", na freguesía de San Xulián de Artes. Copia. 1752, maio, 1. Goiáns. 11.5.- Dúas copias das advertencias dirixidas ao articulado do avogado que defende a D. Jorge Caamaño y Goyanes, no preito con D. Pedro Arias Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira, sobre o lugar e muíños de "A Bogareira". 1752. 11.6.- Consulta realizada polo Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor de Romelle y Goyanes, ao avogado da Real Audiencia de Galicia sobre a demanda e reivindicación dos muíños e bens de "A Bogareira" sitos na freguesía de San Xulián de Artes, que posúe D. Pedro Arias Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira. A continuación figura o ditame do devandito avogado. 11.7.- Copia sinxela do poder dado por D. Pedro Mariño, veciño de Santa Uxía de Ribeira, aos procuradores da Real Audiencia do reino para que se querelasen contra o Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor de Romelle y Goyanes, sobre a perturbación que lle ocasionaba na posesión de dúas rodas de muíño que aquel construíra en "A Bogareira". 1752, maio, 12. - Ditame do avogado da Real Audiencia do reino para a demanda de reivindicación interposta por D. Jorge Caamaño sobre as referidas rodas como pertencentes ao seu morgado de Goyanes. 1752, maio, 16. A Coruña. 11.8.- Apeo dos muíños e bens de "A Bogareira", pertencentes á Casa dos Goyanes, sitos na freguesía de San Xulián de Artes, realizado para a demanda interposta contra ditos muíños e contra D. Pedro Arias Mariño como o seu posuidor, polo Sr. D. Jorge Caamaño y Gayoso, señor da mencionada Casa de Goyanes. 1752. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición