Fondos
1.252/2. Preito perdido de Nogueira. Extractos das escrituras dos tomos I ao V da familia dos señores de Rubians e Vilagarcía, que son parentes dos de Romelle
Preito perdido de Nogueira. Extractos das escrituras dos tomos I ao V da familia dos señores de Rubians e Vilagarcía, que son parentes dos de Romelle
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3.1.1.252/2
Título Preito perdido de Nogueira. Extractos das escrituras dos tomos I ao V da familia dos señores de Rubians e Vilagarcía, que son parentes dos de Romelle
Data(s) 1797 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 81 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Preito perdido de Nogueira: - Extractos impresos das escrituras contidas nos tomos I ao V, correspondentes á familia dos señores de Rubians e Vilagarcía, que por diferentes entroncamentos son parentes dos Sres. de Romelle. 1797. Tomo 1: 1: Escritura de mellora de terzo e quinto que outorgou Urraca de Moscoso Sotomayor, muller de Rodrigo de Mendoza, a favor do seu neto Rodrigo de Mendoza en 1628. 2. Testamento que otorgou Constanza Sanchez de Bendaña en 1541. 3. Testamento de García Caamaño Escudero, marido de Marina Pérez, en 1390. 4. Escritura de cesión que fixo o arcebispo de Santiago Fr. Berenguel, da Orde de Predicadores, a favor de Rodrigo Fernández en 1328. 5. Escritura de cesión que fixo de varias freguesías o arcebispo de Santiago Juan, a favor de Ruy Fernández en 1390. 6. Escritura de cesión que fixo o arcebispo de Stgo. Rodrigo Luna a favor de García de Caamaño en 1458. 7. Escritura de capitulacións matrimoniais que outorgaron Rodrigo Mendoza Sotomayor e a súa muller Urraca Moscoso en 1574. Tomo 2: 1. Escritura de cesión e traspaso que fixeron o abade e monxes do Mosteiro de San Martiño de Santiago a favor de García de Caamaño de Rubianes en 1508. 2. Escritura de mellora que outorgou García de Caamaño de Rubianes, marido de Constanza Sanchez Guillelmez de Bendaña, a favor do seu fillo García Rodríguez Caamaño en 1534. 3. Escritura de arras que outorgou García de Caamaño de Rubianes a favor de Margarita Montoto, muller do seu fillo García Rodríguez de Caamaño en 1534. 4. Testamento de María Rodríguez de Villa, casada en 2º matrimonio con Gonzalo García de Villa, en 1402. 5. Dilixencias que practicou Mauro Mendoza Caamaño Sotomayor en preito contra o seu irmán Lope de Mendoza sobre sucesión dos morgados da Casa y Torres de Vista Alegre en 1622. Tomo 3. 1. Testamento de Inés Mendoza, muller de García de Caamaño, en 1504. 2. Testamento de García de Caamaño, marido de Inés Mendoza en 1478. 3. Testamento que outorgou Rodrigo de Mendoza, fillo de García de Caamaño, en 1539 4. Probanza que fixo Mauro Mendoza en preito que seguiu con Fernando Ordoñez en 1649 ante a xustiza de Trabanca da Pedra. Tomo 4. 1. Testamento de Álvaro de Sotomayor outorgado en 1575. 2. Testamento de Rodrigo de Mendoza, clérigo da Diócese de Santiago, Abad de Taberga e capelán de SM, outorgado en 1566. 3. Capitulacións matrimoniais que otorgou Antonio Domingo de Mendoza, para casarse con Juana Catalina Ribera Ronquillo Fonseca de Toledo y Leyba, en 1660. 4. Testamento que outorgou Antonio Domingo de Mendoza en 1713. 5. Testamento que outorgou Rodrigo Antonio de Mendoza Caamaño Monroy Sotomayor Barrionuevo, Marqués de Vilagarcía, de Monroy y Cusano, Conde de Barrantes e Grande de España en 1771. 6. Testamento que outorgou Antonio José de Mendoza Caamaño Sotomayor y Ronquillo en 1735. 7. Testamento que outorgou García Rodríguez de Caamaño, marido de Margarita Montoto. 8. Testamento que outorgou García de Caamaño, marido de Juana Villamarín, en 1583. 9. Ttº. de José Caamaño y Mendoza, marido de Ana María Mendoza, en 1628. Tomo 5. 1. Escritura de concordia outorgada por Mauro de Caamaño Mendoza e a súa muller Antonia de Caamaño con Fernando Ordoñez, con poder da súa muller Urraca de Mendoza, Confirmada en 1653.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Capitulacións matrimoniais Preito Doazóns e cesións Testamentos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema)