Fondos
8. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.2.8
Título PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Data(s) 1979 - 2017 (Creación)
Volume e soporte 98 unidades de instalación; 209 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Prevención de Riscos Laborais(2002) En aplicación da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, de 8 de novembro, a Deputación constitúe en abril de 2002 o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, xa que se trata dunha empresa que conta con máis de 500 traballadores.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En aplicación da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, de 8 de novembro, a Deputación constitúe en abril de 2002 o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, xa que se trata dunha empresa que conta con máis de 500 traballadores. Recóllese ademais nesta 1ª Divisiónd e Sección a documentación precedente,x esrionada ata entón principalmente polo Servizo de Recursos Humanos (Persoal), relacionada cos accidente slaborais, recoñecementos médicos...etc. As función que lle corresponden a este departamento son as que seguen: > Asesorar e apoiar a empresa en función dos tipos de risco > Deseñar, implantar e aplicar o plan de prevención de riscos laborais que permita a integración da prevención na empresa > Avaliar os factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores > Planificar a actividade preventiva e determinar as prioridades para adoptar as medidas de prevención e vixiar a súa eficacia > Informar e formar os traballadores > Prestar os primeiros auxilios e os plans de emerxencia > Vixiar a saúde dos traballadores en relación cos riscos derivados do traballo Ademais, o servizo leva a cabo outras actividades nos eidos da formación e a saúde, como son: > Curso de Soldadura > Curso de Primeiros Auxilios. Nivel básico > Curso de Escola para o Lombo > Curso de Prevención de Riscos Laborais. Nivel básico > Curso de Riscos Psicosociais > Recoñecemento médico anual > Campaña de vacinación antitetánica > Campaña de vacinación antigripal Por outra parte, tamén realiza unha avaliación de riscos nos diferentes sevizos da Deputación e os seus correspondentes postos de traballo, destacando: Parque Central de maquinaria, brigadas de Infraestruturas (2004, revisada 2012); Proxecto Pousadas, escavación Monte do Castro; Plan Emprego e Plan Cooperación (2012); Edificio adxunto (2011); Cidade Infantil Príncipe Felipe (2004, revisada 2011); Obradoiro de emprego Mobilia (2010); Sede da Deputación en Vigo (2010); Parque Móbil (2005, revisada en 2010); Arquivo Histórico (2005, revisada en 2009); Unidade de Promoción e Desenvolvemento (2005, revisada en 2009); Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios (Mobilia, Aquelando II, Chronos) e CICIR-EIEL (2008); Finca de Mouriscade (2008); Castelo de Soutomaior (2007); Estación Fitopatolóxica de Areeiro (2007); Centro vacacional A Lanzada (2006); Imprenta Provincial (2006); Palacete das Mendoza (2005); Proxecto Cidade+ (2005); Traballadores dos servizos centrais e periféricos do ORAL (2005) e Pazo provincial (2004) Finalmente, o Comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos laborais. Está formado polos delegados de prevención e polos representantes da empresa, con igual número de representantes para ambas as dúas partes. Creouse en xullo de 2002. PROCEDEMENTOS REALIZADOS POLO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS ANUAIS: 1. Comunicación aos delegados de prevención de que se vai iniciar a campaña. 2. Comunicación a tódolos centros co prazo para anotarse. 3. Relación anual do persoal que finalmente realizou o recoñecemento médico. 4. Certificados de aptitude. RECOÑECEMENTOS MÉDICOS INICIAIS, POR EMBARAZO OU POR BAIXA PROLONGADA: 1. Relación anual do persoal que realizou o recoñecemento. 2. Certificados de aptitude. FORMACIÓN: 1. Comunicación aos delegados de prevención de que se vai realizar o curso. 2. Comunicación a tódolos centros co prazo para anotarse. 3. Relación do persoal que realizou o curso. 4. Diplomas. CAMPAÑAS DE VACINACIÓN DE GRIPE E TÉTANOS: 1. Comunicación aos delegados de prevención de que se vai iniciar a campaña. 2. Comunicación a tódolos centros co prazo para anotarse. 3. Autorizacións asinadas do persoal que se vacinou. REALIZACIÓN AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS: 1. Comunicación aos delegados de prevención do inicio da avaliación do centro. 2. Comunicación aos responsables do centro do inicio da avaliación. 3. Remisión da avaliación aos membros do Comité de Seguridade e Saúde para a súa aprobación. 4. Remisión de copia de avaliación aos responsables do centro, unha vez foi aprobada polo Comité. ACCIDENTE LABORAL OU ENFERMIDADE PROFESIONAL: 1. Declaración do accidente laboral. 2. Investigación do accidente. 3. Comunicación aos delegados de prevención do accidente con baixa. 4. Partes de baixa, confirmación e alta. REUNIÓNS COMITÉ SEGURIDADE E SAÚDE: 1. Constitución do Comité de Seguridade e Saúde. 2. Actas. CONTRATO DE VIXIANCIA DA SAÚDE: 1. Comunicación aos delegados de prevención do inicio da contratación. XUSTIFICANTES DE INFORMACIÓN: 1. Xustificante asinado da información recibida polo traballador no momento da contratación.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Prevención de Riscos Laborais (Tema) (Creador)