ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de foro outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera e dona Antonia de Balboa, súa tía, a favor de María Cancela e Gregorio García

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.757/88

  • Título Escritura de foro outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera e dona Antonia de Balboa, súa tía, a favor de María Cancela e Gregorio García

  • Data(s) 1819-03-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 2 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Certificación e copia compulsada dun foro do 21 de febreiro de 1698, outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera, máis dona Antonia de Balboa (a súa tía), a favor de María Cancela e Gregorio García, duns muíños coas herdades próximas a eles. Por renda e pensión de 132 reais de vellón, e 1 carneiro, ou por el 15 reais. Ante. Juan Araújo Troncoso. [Freguesía de Santo André de Barrantes. Concello de Ribadumia. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título de " Foral de Santo André de Barrantes" van unidas: 35757/87, 35757/88, 35757/89, 35757/90, 35757/91, 35757/92, 35757/93

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición