ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Foro outorgado por Ana Tomasa de Castro y Acuña duns bens en Río Torto

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.759/9

  • Título Foro outorgado por Ana Tomasa de Castro y Acuña duns bens en Río Torto

  • Data(s) 1694-12-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 4 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia compulsada dun foro, outorgado por dona Ana Tomasa de Castro y Acuña, viúva de Baltasar de Araújo y Sotomayor, veciña de San Xurxo de Salceda, e herdeira do seu irmán, Don Fabián de Sarmiento y Padrón, a favor de Domingo Dávila e a súa muller Marta da Cruz, veciños de San Lourenzo de András, duns bens de Rio Torto e outros. Inclúe outra copia, do mesmo documento. En San Xurxo de Caselas. Ante. Antonio Suárez de Castro. [Freguesía de San Lourenzo de András. Concello de Vilanova de Arousa. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título de "lugar de Río Torto", van unidas: 35759/8, 35759/9

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición