Fondos
35.762/43. Foro outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera de varias leiras na freguesía de Nogueira
Foro outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera de varias leiras na freguesía de Nogueira
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.762/43
Título Foro outorgado por Juan Antonio Mariño de Lobera de varias leiras na freguesía de Nogueira
Data(s) 1695 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 2 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia simple do foro feito en 1695, por Juan Antonio Mariño de Lobera y Sotomayor, a favor de Juan de Romai, Alberta do Sisto, Estevo de Cores, Bastián Martínez e outros, de varias leiras na freguesía de Nogueira. De pensión cada un ano de 12 ferrados de pan. Ante. Pedro de Rebón. [Freguesía de San Vicente de Nogueira. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota As escrituras baixo o título do" foro de Magdalena Muíños", van unidas: 35762/41, 35762/42, 35762/43
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)