Fondos
35.765/18. Certificación do rateo de San Nicolás
Certificación do rateo de San Nicolás
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.765/18
Título Certificación do rateo de San Nicolás
Data(s) 1845-07-13 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 11 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Certificación do rateo do foral de San Nicolás, levado a cabo o 26 de decembro de 1840. Polo dito foral se pagan anualmente 10 ferrados de millo groso, un ferrado de trigo e 6 reais por medio carneiro ó señor conde de San Román. A cabeza de foro, nese momento era Josefa Varela. En Caldas. Ante. Josef Rey Carús. [Freguesía de San Salvador de Meis. Concello de Meis. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota As escrituras baixo o título de "foral de San Nicolás" van unidas: 35765/16, 35765/17 e 35765/18, 35765/19, 35765/20, 35765/21, 35765/22, 35765/23, 35765/24, 35765/25, 35765/26, 35765/27, 35765/28, 35765/29
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)